Blog turístico

Bluscus preséntase coa marea máis forte do ano.

Bluscus nace coma a primeira axencia “on-line” adicada ao turismo mariñeiro en #Galicia, @CheckinGalicia asistiu coma invitado, e estas son a nosas vivenzas:

Nun venres pechado a chover, tod@s estábamos pendentes de “meteogalicia”, “windguru” e demáis plataformas…, parecía imposible pero non daban choiva para o sábado 21; é certo que temos que recoñecer que as predicións non son sempre fiables pero evolucionouse moito na materia, saímos de Riveira sen choiva e co ceo un pouco anubrado sen amenaza de auga.

Aos de Riveira cústamos ir á outra banda da ría en coche porque dános a sensación de que chegamos antes en calqueira barquiño, e a sensación agrábase cando tes que viaxar á Illa de Arousa que parece que podes saltar a ela dende Palmeira.

Chegamos á Illa nun día mallado, o día do ano ca marea máis forte, onde confluen unha alineación do sol, a terra e a lúa, todo isto provoca estas increibles mareas. O resto da xornada tamén pódese considerar unha boa alineación de boa xente facendo ben o seu traballo.

Antes da presentación oficial do portal Bluscus  tivémos un “fam trip” do producto Bluscus, que consistía nun “Obradoiro de mariscadoras” da man de Marta e o embarque no “Chasula” capitaneado polo xenial Isidro para percorrer a ría más grande de #Galicia.

  • Embarque no Chasula, que foi unha embarcación construida no ano 1959 seguindo a tipoloxía das embarcacións para a pesca do cerco nas Rías Altas. 

Captura de pantalla 2015-02-24 a las 11.16.46

Hoxe en día o “CHASULA” constitúe un expoñente patrimonial da historia da pesca e da construción naval en Galicia e é testemuño vivo dos procesos de cambio que experimentou a pesca artesanal e industrial en Galicia, así coma a transformación das embarcacións tradicionais de pesca a remo e vela polas embarcacións a motor, que se produce en Galicia ao longo do século XX.

Patrón do "Chasula"
Isidro: Patrón do “Chasula”

O seu actual dono e patrón, Isidro, rehabilitouno durante un ano e medio, poñendo toda a súa entrega en recuperar un barco nun estado lamentable, para convertelo nun patrimonio marítimo galego.

A experiencia é totalmente recomendable, aparte do paseo pola ría e as magníficas explicacións de Leiro, un síntese navegando cunha parte da historia das embarcacións de #Galicia. E se esto xa é algo diferenciador coma producto, máis é degustar ao final do traxecto o produto estrela da ría regado co mellor viño e pan.

  • Obradoiro de mariscadoras: gran acerto por parte de Bluscus de aportar a figura e o traballo da muller no seu produto.

Quen mellor para explicar ou ilustrar que unha mariscadora da Illa?

"Taller de mariscadoras"
Marta no “Obradoiro outdoor de mariscadoras”

Marta de “www.piraguilla.es” deunos unha lección maxiltral do traballo das mariscadoras, teatralizando momentos, achegándonos á súa historia, falando tamén das problemáticas do sector e analizando o contexto actual…

  • Presentación e comida: despois das actividades tivo lugar no restaurante O Tuno a presentación de “bluscus.es” xunto coa boísima comida do restaurante que non dá un rematado, en poucos “fam trips” cómese tan ben..

#ArousaEsMarineraAquí podédes botar unha ollada ao rastro dixital en twitter.

As nosas fotos pódense ollar na nosa conta en Panoramio:

Captura de pantalla 2015-02-24 a las 17.48.17

Turismo da Illa de Arousa

 GRAZAS A BLUSCUS, MOITA SORTE!

Advertisements

As heroínas de Sálvora